O Lume do Mar
O mar é marabilloso aínda que misterioso,
Escuro, ameazante, pero tamén cheo de vida e luz.
E cada día, chámame coa súas ondas, cos seus sons
Durante todo o día...
Durante toda a noite...
Eu non podo fuxir da súa chamada
Así, eu acordo esta noite, cando oio o seus sons,
Eu ollo para fóra da ventá, e eu vexo.
Vexo algo no mar, un pequeno punto laranxa.
Ese punto non é un barco, nin faro,
Non, non teño nin idea que é ese punto pequeno.
El escintila na noite, como unha chama, ou un incendio.
Un incendio no mar, pero é moi pequeno.
Hai unha illa? Ou hai algo alí que se está a queimar?
Nin idea.
Así, vístome e logo deixo a casa, e camiño á costa.
Quero ver ese punto pequeno laranxa, que flota no mar en silencio,ó escintilando alá.
Eu camiño, camiño á costa, e cando camiño vou pensando. Que é ese punto tan pequeno que flota no mar?
Chego á costa, e vexo cos meus ollos o que flota no mar, aboiando tan lonxe.
Si, parece lume, lume flotando no mar... pero,
Como é posible? Non pode ser fogo, nin lume, nin incendio, por riba da auga do mar.
Non é posible.
O mar é un misterio, pero ás veces é obvio determinando porque fai o que fai.
Podes saber cando o mar está tranquilo, ou cando está enfurecido,
As ondas expresan os seus sentimentos.
E agora, neste momento, entendo. Entendo que é o lume do mar.
O lume significa que o mar atopou o que máis quere.
Despois de moitos anos de procura,
Finalmente, o mar encontrou o que procura.
Agora, está feliz.
